Que é un xestor de residuos?
A persoa ou entidade, pública ou privada, rexistrada mediante autorización ou comunicación que realice calquera das operacións que compoñen a xestión dos residuos, sexa ou non o produtor dos mesmos (segundo a Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e chans contaminados para unha economía circular)
Por que debo contratar un xestor de residuos?
A Lei Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e chans contaminados para unha economía circular define que o produtor ou outro posuidor inicial de residuos, con obxecto de asegurar o tratamento adecuado dos seus residuos, está obrigado a:
a) Realizar o tratamento dos residuos por el mesmo.
b) Encargar o tratamento dos seus residuos a un negociante, ou a unha entidade ou empresa, todos eles rexistrados conforme ao establecido esta Lei.
c) Entregar os residuos a unha entidade pública ou privada de recollida de residuos, incluídas as entidades de economía social, para o seu tratamento.
Como podo saber se os meus residuos son considerados como perigosos?
Considéranse residuos perigosos aqueles que figuren na lista europea de residuos, publicada na Lei 7/2022, de 8 de abril, así como os recipientes e envases que os contiveran.
Recollida de Voluminosos
É un servizo porta a porta, a recollida é o último xoves de cada mes. Os veciños teñen que chamar ao concello tlf. 981 40 40 06 ou enviar un correo electrónico indicando a dirección para a que se solicita a recollida, os elementos que se van a entregar e un número de teléfono de contacto. Despois desde o concello chaman a cada usuario para indicar o día de recollida.
Punto Limpo
O municipio non conta con punto limpo.
Colectores de Aceite
1. En Estrada Cristo Rañal-San Ramón (San Xoán) ubicación 43.56706711180916, -8.0160336940045
2. En Balocos, en la DP-4905 ubicación 43.569376418502536, -8.005048321554545
Contedores de Roupa
Non temos a día de hoxe, previsión de instalar nas próximas semanas.
Contedores de Pilas
1. Casa do Concello: 43.56204031936702, -8.01539157236996
2. CEIP San Ramón: 43.56676839602441, -8.013880680687096
Recollida de plásticos agrícolas
Desde o ano 2015 existe un servizo periódico de recollida de plásticos agrícolas, con carácter gratuito, en todas as explotacións gandeiras que o soliciten. As explotacións gandeiras que o desexen poden solicitar un certificado da recollida deste plásticos. Tamén contamos con novo Punto de Acopio para estes plásticos instalado polo concello na parroquia de Santa Cruz, Información no 981 40 40 06.
Data: o primeiro xoves dose meses de xaneiro, maio e setembro.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies